viernes, 4 de septiembre de 2009

Seixalbo, presente contínuo.








Antes ían transmitindo en cada tarefa a sabedoría ancestral atesourada ao longo dos séculos; as vindeiras xeracións dependían dos seus coñecementos: as lúas, as podas, os enxertes, a desfeita do porco, o adubo dos chourizos... Sentíanse parte imprescindible da historia.
Os novos tempos trocaron tamén isto: agora calquera meniño posúe coñecementos técnicos imprescindibles para a supervivencia no mundo das novas tecnoloxías dos que carecen os seus avós e cando xa non se valen por eles semella lóxico buscarlles un lugar onde se murchen os seus días e a súa ciencia porque o ritmo febril da sociedade de consumo non nos permite dedicarlles a atención debida... e quen sabe se nese menosprezo non haxa que buscar moitos dos problemas da sociedade actual: a perda do referente, a cadea que racha o seu elo.
En Seixalbo non nos esquecen os nosos maiores. Non queremos que se sintan relegados: o lugar que temos, o que somos, o espírito de loita polo común... Todo llo debemos a eles porque son a terra na que medrou a semente ao longo de xeiras de traballos e esforzos.Velaquí temos a razón desta pequena homenaxe que hoxe lles brindamos dun xeito sinxelo: grazas por estardes aí! Aínda que ás veces, coas présas, non atinemos co momento para lembrárvolo, sodes o noso referente, as raíces que nos prenden firmemente a Seixalbo.

Domingo, 6 Setembro // 19:00h // As Canellas (Seixalbo)
Fotografía de Alberte Paz e Pablo Araújo.

2 comentarios: